Santiago de Compostela, 11 Setembro 2023
BENVIDAS/OS AO CURSO ESCOLAR 2023/2024
Prezadas familias:
A ANPA do IES Antón Fraguas quere darvos a benvida a todas as familias, alumnado e profesorado a este novo curso escolar.
Na Asemblea Xeral Ordinaria de socias/os celebrada o 13 de Xuño de 2023, elixiuse unha nova Xunta Directiva, na que se integran nais e pais que xa formaban parte da directiva anterior e á que se suman novas compañeiras.
Esta ANPA naceu no convencemento de que a educación é un labor conxunto de nais, pais, alumnado e profesorado. Pretende, por tanto, ser unha canle de comunicación entre todas as que participan nesta tarefa.
Con ganas e ilusión aceptamos o reto de continuar coa actividade feita polas nosas compañeiras e compañeiros que durante os últimos anos contribuíron, e de maneira moi importante, na defensa dun ensino público, galego e de calidade. Queremos contar coa colaboración do profesorado, do equipo directivo do Centro e coa axuda e implicación de todas vós.
Por iso, animamos a todas as familias a asociarse, xa que cantas máis sexamos, mellor será para as nosas fillas e fillos, para a Asociación e para o instituto. Queremos que todas acheguedes opinións e ideas, levaremos as suxestións, os consellos e as queixas ás instancias onde se podan tornar en solucións e compromisos.
Podedes contactar con nós:
No Correo anpa.anton.fraguas@gmail.com
Na web do instituto “ANPA ANTON FRAGUAS”
Tamén temos un buzón na entrada do instituto
Podedes chamarnos ao número de teléfono: 641487054
- Presidenta: Paz Dragó Molins
- Vicepresidente: Xabier Ignacio Louzao Rodriguez
- Tesoureira: María Jesús Iglesias Calvo
- Secretaria: Guadalupe Otero Míguez
- Vogais: Adriana Quintáns Tarrio
Saleta Alberti Pulet
COMPETENCIAS
● Elevar propostas ao Consello Escolar para a elaboración do Proxecto Educativo e ao equipo directivo para a elaboración da Programación Xeral Anual.
● Informar ao Consello Escolar daqueles aspectos da marcha do instituto que consideren oportuno.
● Recibir información da súa representación no Consello Escolar sobre os temas tratados nel.
● Elaborar informes para o Consello Escolar.
● Elaborar propostas de modificación das Normas de Organización e Funcionamento.
● Formular propostas para a realización de actividades.
● Coñecer os resultados académicos referidos ao centro e a valoración que deles realice o Consello Escolar.
● Recibir un exemplar da Programación Xeral Anual, do Proxecto Educativo, dos Proxectos Curriculares de Etapa e das súas modificacións.
● Recibir información sobre os libros de texto e os materiais didácticos adoptados polo centro.
● Fomentar a colaboración entre todos os membros da comunidade educativa.
● Facer uso das instalacións do centro que determine o Consello Escolar.
LEMBRADE: NECESITAMOS O APOIO DE TODAS!